🎉 XORNADA DE PORTAS ABERTAS 🎉

Tes máis de 15 anos e gustaríache unirte a un equipo incrible?
Vén coñecernos o xoves 11 de setembro ás 21:00 h no Polideportivo Agra Forus.

Podes probar connosco na pista ou simplemente vir de oínte para ver como funciona o equipo. O importante é que te achegue!

Por favor utiliza a caixa de contacto para inscribirte!

Quén somos?

Somos un pequeno gran equipo que non para de medrar! Traballamos duro cada semana a través de adestramentos, preparación física e teórica e volcándonos nas actividades do clube.

Disciplina, motivación e traballo en equipo son as bases do noso ser e buscamos xente que comparta estos valores tamén. Se o que estás lendo resoa en ti, entón escríbenos un coreo ou a través do formulario de contacto.

Os adestramentos de Roller Derby están encamiñados a xogar, arbitrar ou axudar en encontros oficiais e non oficiais.

Perfil


  • Tes máis de 15 anos.
  • Disciplina e disponibilidade para acudir aos adestramentos e actividades do clube.
  • Ser constante nos cometidos.

Qué aprenderás


  • Patinar e xogar ao Roller Derby para tomar parte nos encontros.
  • Teoría e dinámica de xogo.
  • Traballo en equipo sen importar nivel ou xerarquía.

Non é preciso que saibas previamente do deporte ou o xogues, nós ensinámoste todo o relacionado co deporte, tí só pon as ganas. Coa colaboración do Concello da Coruña.


Se precisas máis información ou queres unirte escríbenos a través da nosa páxina web ou a través do noso correo electrónico.