Quén somos?
Somos un pequeno gran equipo que non para de medrar! Traballamos duro cada semana a través de adestramentos, preparación física e teórica e volcándonos nas actividades do clube.
Disciplina, motivación e traballo en equipo son as bases do noso ser e buscamos xente que comparta estos valores tamén. Se o que estás lendo resoa en ti, entón escríbenos un coreo ou a través do formulario de contacto.
Os adestramentos de Roller Derby están encamiñados a xogar, arbitrar ou axudar en encontros oficiais e non oficiais.

Perfil
- Tes máis de 15 anos.
- Disciplina e disponibilidade para acudir aos adestramentos e actividades do clube.
- Ser constante nos cometidos.
Qué aprenderás
- Patinar e xogar ao Roller Derby para tomar parte nos encontros.
- Teoría e dinámica de xogo.
- Traballo en equipo sen importar nivel ou xerarquía.
Non é preciso que saibas previamente do deporte ou o xogues, nós ensinámoste todo o relacionado co deporte, tí só pon as ganas. Coa colaboración do Concello da Coruña.

Se precisas máis información ou queres unirte escríbenos a través da nosa páxina web ou a través do noso correo electrónico.