Sponsors

O Roller Derby precisa do teu apoio! Somos un equipo que vive o roller derby con paixón, forza e moita actitude. Este deporte é velocidade, estratexia, contacto e, sobre todo, comunidade.
Pero para seguir medrando necesitamos algo máis ca patíns: buscamos marcas, proxectos locais e persoas que queiran botarnos unha man, colaborar ou patrocinar. Co teu apoio, podemos seguir competindo, viaxando e levando o roller derby galego ben alto.
Anímaste a rodar con nós (sen ter que poñerche os patíns)?
Podes colaborar cunha aportacion puntual, a cambio de mencions en redes, cartelera, equipacion deportiva… Xuntes imos mais lonxe!
Escríbenos e montamos algo épico!
📩 sponsors@corunarollerderby.es

