Iniciación

Se queres comezar co Roller Derby e non sabes cómo, as nosas clases son o punto de saída perfecto. Aprende os básicos do xogo, habilidades e traballo en equipo.
As clases de iniciación terán lugar tódolos martes e xoves no Polideportivo Agra Forus (ó carón do Ágora) de 21 a 22.30. Únete e disfruta das clases prácticas e teóricas, roteiros, visionados e moito máis!
Todo o mundo que queira unirse deberá ter o seu propio material: patíns de quad (eixe paralelo), casco e proteccións para os pulsos, codos e xeonllos. O clube nunca proveerá destes materiais. A falta dun ou varios dos mesmos é excluinte da actividade.