NSO

NSO

Non todo o mundo que forma parte do Roller Derby patina. Os oficiais sen patíns (Non Skating Officials) son unha figura clave neste deporte xa que levan a conta de puntos, faltas, organizan diferentes áreas, etc. Sen eles non se poden celebrar os encontros.

Se queres formar parte coma NSO deberás seguir estes pasos:

  1. Acudir ás tecnificacións e encontros.
  2. Aprender a teoría da posición asignada.
  3. Estar dispoñible para as competicións e encontros.

Non fai falta que saibas sobre o deporte ou teñas experiencia, nós formarémoste dende cero.