Roller Derby

Roller Derby

Pista Roller Derby

O Roller Derby, semella un deporte novo máis ten case 100 anos, naceu en EEUU nos anos 20 e na actualidade goza de gran popularidade contando con numerosos equipos e asociacións deportivas por todo o mundo.

É un deporte de contacto, que se xoga nunha pista de forma oval e con patíns quad (tamén chamados tradicionais ou de eixe paralelo). Dous equipos xogan para obter maior número de puntos, que conseguen a través das jammers. Non hai pelota nin disco, quen anota os puntos é unha xogadora chamada «jammer«. Un partido, chamado bout, dura aproximadamente unha hora e consta de dous tempos de media hora.

Cada equipo alinea un máximo de cinco xogadores e o tempo de xogo divídese en jams, que duran como máximo dous minutos. Entre jam e jam contan trinta segundos, os necesarios para que o equipo alinee novamente os xogadores.

Sendo un deporte de velocidade e contacto, é preciso ter unhas habilidades de patín básicas, así como o coñecemento das regras.

Cada encontro conta co personal de arbitraxe, que consta de 5 a 7 árbitros que velan polo bo cumprimento das normas e o bo xogo. Así mesmo, para a anotación de puntos e faltas, é preciso contar ca axuda e traballo dos chamados oficiais sen patíns (en inglés NSO, non skating officials). Cada encontro necesita dun gran recurso humano polo que é un deporte que procura personal para xogar, arbitrar e axudar constantemente.

Malia existir outras modalidades de Roller Derby, principalmente nos EEUU, o máis xogado e con influencia é o WFTDA (Womens Flat Track Derby Association). Máis información aquí.

En Galicia xogamos a Liga Galega de Roller Derby dende 2018 e Irmandiñas fomos parte da pre liga coa I Copa Federativa de Roller Derby Galega.