Sobre nós

Sobre nós

Somos un clube deportivo sen ánimo de lucro fundado no 2016 e competimos a nivel autonómico dende 2017. Somos persoas apaixoadas da patinaxe co obxectivo de non só competir en Roller Derby, senón achegar a patinaxe a todo o mundo. Xogamos encontros oficiais e non oficiais en España e Portugal e organizamos diversas actividades sobre patíns coma roteiros pola cidade, clases no skatepark, visionados, entre outras moitas actividades que contan co obxectivo de mellorar a habilidade de patinaxe e o coñecemento sobre a deporte.

Coruña Roller Derby Irmandiñas pertence á Federación Galega de Patinaxe e é membro da Asociación Roller Derby España.